Responsabilidade social empresarial
"VERSA Asesores, S.L." declara o seu compromiso no cumprimento das obrigas legais vixentes así como na integración voluntaria no seu goberno e xestión, na súa estratexia, políticas e procedementos, das preocupacións sociais, laborais, medioambientais e de respecto aos dereitos humanos que xorden da relación e o diálogo transparente cos seus grupos de interese, responsabilizándose así das consecuencias e dos impactos que se deriven das súas accións; establecendo a RSE coma un principio estratéxico da nosa política corporativa e de RRHH.
Respecto á comunicación, tanto interna como externa, informarase de todas as decisións que se adopten a este respecto e proxectarase unha imaxe da empresa acorde con este principio de responsabilidade social.
Os principios enunciados levaranse á práctica a través da implantación dun Plan de RSE que supoña melloras respecto á situación presente, arbitrándose os correspondentes sistemas de seguimento, coa finalidade de avanzar na consecución da responsabilidade social na empresa e, por extensión, no conxunto da sociedade.
Para levar a cabo este propósito contarase cos traballadores e traballadoras en todo o proceso de desenvolvemento e avaliación do Plan de RSE.
A dirección
O noso plan de RSE
O Plan de RSE de VERSA Asesores S.L., basease en 5 liñas estratéxicas sobre as cales se articulan máis de 20 medidas.
Liñas estratéxicas:
- Xestión ambiental
- Recursos humanos e condicións laborais
- Igualdade de oportunidades e conciliación da vida persoal, familiar e laboral
- Política social e comunitaria
- Identificación de necesidades, comunicación e difusión
As medidas, a implementar para o periodo 2011-2013, concrétanse en:
- Reducir o consumo de materias primas e constribuír así a minimizar o impacto ambiental
- Garantir que a actividade empresatial se desenvolve baixo condicións de seguridade e saúde dos traballadores e traballadoras
- Incorporar o principio de igualdade de oportunidades e trato á xestión empresarial
- Incorporar un criterio de flexibilidade á actividade empresarial de cara a posibilitar aos traballadores e traballadores a conciliación da súa vida persoal e familiar coa laboral
- Establecer canles de diálogo cos grupos de interese
- Incorporar os principios das políticas de atención social e comunitaria á xestión empresarial