Menú Principal

Formación bonificada

No Departamento de Formación Continua Bonificada desenvolvemos plans de formación á carta co obxectivo de mellorar a competitividade das empresas a través de acción formativas que incidan na mellora da cualificación profesional dos traballadores.

Dende Versa Asosores actuamos como entidade organizadora e/ou impartidora da formación como entidade inscrita no Servizo Público de Emprego Estatal e na Comunidade Autónoma de Galicia. CODIGO CENTRO: 1500002254.

A nosa entidade conta con experiencia na organización e impartición de acción formativas de diversa índole: Certificados de Profesionalidade, Idiomas, Informática, Prevención, Recursos Humanos, Dirección e Administración de Empresas, ...

Todas as empresas dispoñen dun crédito anual de formación continua para os seus traballadores, polo que a formación que lles impartan pode ser totalmente financiada mediante o Sistema de Bonificacións á Seguridade Social.


A formación que decidan realizar dende a súa empresa será totalmente adaptada ás súas necesidades, en horas, horarios, datas, contidos, número de asistentes..., de tal forma que a empresa pode planificar a formación tendo en conta a carga de traballo, as épocas de vacacións dos seus traballadores, etc.


Proceso a seguir na xestión dunha acción formativa:

Recibido o anexo de adhesión e a solicitude dos cursos, Versa Consultores comunicará á empresa a cantidade económica bonificable.

Ao ser aceptado por parte da empresa, deberá entregar:

  • Ficha de inscricción cumprimentada.
  • Documento de comunicación e autorización do RLT (Representante Legal dos Traballadores (de ser o caso)
  • Fotocopia de DNI e copia de última nómina (do mes de realización do curso).
  • Orzamento asinado e selado

A partir de ese momento planificase a formación:

Elaborase a planificación do curso e faise entrega do material do curso, así como das datas de inicio / finalización, horario, tutorías e profesional docente asignado, Guía Didáctica persoalizada, tests de seguimento, examen final, enquisa de calidade; e resto de documentación necesaria para el correcto cumplimiento do procedemento.

Versa Asesores, S.L. xestiona toda a tramitación necesaria das accións formativas e as empresas de cara ao Servizo Público de Emprego e a Fundación Estatal para a Formación no Emprego sen ningún coste adicional. Asesora a éstas no procedemento de dita xestión, axudándoas a que realmente poidan beneficiarse da formación sen que lle supoña ningún coste.

  • Estudo de necesidades de formación
  • Alta da empresa na aplicación da fundación tripartita
  • Inicio de accións de formación
  • Xustificación económica e bonificación
  • Seguimento e avaliación das accións de formación

Pé de páxina

Outros