Menú Principal

  • Inicio>
  • Responsabilidade social empresarial

Responsabilidade social empresarial

"VERSA Asesores, S.L." declara o seu compromiso no cumprimento das obrigas legais vixentes así como na integración voluntaria no seu goberno e xestión, na súa estratexia, políticas e procedementos, das preocupacións sociais, laborais, medioambientais e de respecto aos dereitos humanos que xorden da relación e o diálogo transparente cos seus grupos de interese, responsabilizándose así das consecuencias e dos impactos que se deriven das súas accións; establecendo a RSE coma un principio estratéxico da nosa política corporativa e de RRHH.

Respecto á comunicación, tanto interna como externa, informarase de todas as decisións que se adopten a este respecto e proxectarase unha imaxe da empresa acorde con este principio de responsabilidade social.

Os principios enunciados levaranse á práctica a través da implantación dun Plan de RSE que supoña melloras respecto á situación presente, arbitrándose os correspondentes sistemas de seguimento, coa finalidade de avanzar na consecución da responsabilidade social na empresa e, por extensión, no conxunto da sociedade.

Para levar a cabo este propósito contarase cos traballadores e traballadoras en todo o proceso de desenvolvemento e avaliación do Plan de RSE.

A dirección

O noso plan de RSE

O Plan de RSE de VERSA Asesores S.L., basease en 5 liñas estratéxicas sobre as cales se articulan máis de 20 medidas.

Liñas estratéxicas:

  • Xestión ambiental
  • Recursos humanos e condicións laborais
  • Igualdade de oportunidades e conciliación da vida persoal, familiar e laboral
  • Política social e comunitaria
  • Identificación de necesidades, comunicación e difusión

As medidas, a implementar para o periodo 2011-2013, concrétanse en:

  • Reducir o consumo de materias primas e constribuír así a minimizar o impacto ambiental
  • Garantir que a actividade empresatial se desenvolve baixo condicións de seguridade e saúde dos traballadores e traballadoras
  • Incorporar o principio de igualdade de oportunidades e trato á xestión empresarial
  • Incorporar un criterio de flexibilidade á actividade empresarial de cara a posibilitar aos traballadores e traballadores a conciliación da súa vida persoal e familiar coa laboral
  • Establecer canles de diálogo cos grupos de interese
  • Incorporar os principios das políticas de atención social e comunitaria á xestión empresarial

Pé de páxina

Outros