Menú Principal

Que é VERSA

VERSA Asesores, S.L. dedícase desde 1998 a prestar os seus servizos como consultora integral de recursos humanos. Caracterizámonos pola atención personalizada ao cliente, o seguimento individualizado, a atención e coidado permanente dos aspectos que o cliente considera prioritarios, todo isto coa intención de cumprir cos máis altos estándares de calidade.

A experiencia adquirida durante estes anos na formación e capacitación de persoas para o correcto desenvolvemento das súas funcións na sociedade levounos a un esforzo continuo por mellorar as nosas prestacións, enfocando os labores de consultoría cara á xestión de sistemas de calidade, da formación ou empresarial, á medida das necesidades dos nosos clientes, tendo en conta:

  • O control interno da organización
  • Os puntos febles e fortes
  • A xestión, organización e planificación de procesos

VERSA Asesores completa a súa actividade cunha área de traballo especializada no deseño, xestión e execución de proxectos de consultoría e asesoramento na procura de financiamento. Destacan, entre outros, interesantes proxectos de prevención de riscos laborais, calidade, medio ambiente, formación e novas tecnoloxías, que se levan a cabo coas máximas garantías de solvencia técnica.

Dende os seus inicios, VERSA Asesores S.L., procurou a integración á xestión o conxunto de principios e actuacións que se enmarcan dentro do ámbito da Responsabilidade Social Empresarial. Froito desta preocupación, VERSA Asesores, ven de presentar o seu primeiro Plan de Responsabilidade Social Empresarial para o periodo 2010-2013, instrumento que guiará a política de responsabilidade social da empresa nos vindeiros anos.

Unión Europea

VERSA ASESORES, S.L., ao abeiro da Orde do 21 de xaneiro de 2015 (DOg nº 17 do 27 de xaneiro de 2015) está a participar como entidade beneficiaria das prácticas non laborais que realizan 3 persoas na empresa e que se enmarcan dentro do programa Operativo de Emprego Xuvenil cofinanciado polo Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo.

Fondo Social EuropeoIniciativa de Emprego XuvenilO FSE inviste no teu futuro

Pé de páxina

Outros